Antonio Valcárcel López de Lemos, nado en Ourense o 10 de setembro de 1887 e finado en Madrid o 28 de marzo de 1963, foi un avogado e escritor galego.La Voz de Galicia, 16-4-1963, p. 7.

Traxectoria Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística. Funcionario da Arrendataria de Tabacos. Dende o 1 de maio de 1914 encargouse da dirección de El Eco de Galicia da Coruña,El Eco de Galicia, 1-5-1914, p. 1. permanecendo no posto até o peche do xornal en 1916. Foi secretario da Cámara de Comercio da Coruña de 1916 a 1926. Elixido candidato a Cortes das Irmandades da Fala pola circunscrición da Coruña en 1918, finalmente retirouse a candidatura. Uxío Breogán Diéguez (2016) "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)" en As Irmandades da Fala (1916-1931) reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Laiovento, p. 92 Durante o franquismo foi secretario do Consello Superior das Cámaras de comercio.

Obras Poesías, 1917 O municipio galego, 1917. Cámaras de comercio, industria y navegación de España, 1962.

Vida persoal Casou con Sofía Domínguez Fernández en 1915.

Casou con Josefina Iglesias Castro en 1939.

Recoñecementos Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. Medalla de Ouro ao Mérito das Cámaras de Comercio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes