Fernando Javier Pérez Fernández, nado en Barbeito (Vilasantar) en 1972, é un político galego do PPdeG, que é alcalde de Vilasantar dende 2011. Traxectoria Natural de Barbeito, foi técnico de deporte do concello de Vilasantar dende 2006. En 2011 presentouse ás eleccións municipais encabezando a candidatura do PPdeG de Vilasantar. Obtivo a maioría absoluta superando por 27 votos ao BNG (encabezado por Manuela García Freire), obtendo cinco dos nove concelleiros e foi elixido alcaldeSin bastión nacionalista por 27 votos.

No ano 2013 foi imputado tras unha querela do BNG por un suposto delito de prevaricación, ao deixar caducar un expediente ao aparellador do concello, tío del. En 2014 a denuncia foi arquivada por non apreciarse indicios de delito, aínda que si constata "certa inactividade" por parte do alcalde respecto do expediente.

Nas eleccións municipais de 2015, volveu gañar con maioría absoluta as eleccións, aumentando a seis o número de concelleiros obtidos, por tres do BNG. Nas eleccións municipais de 2019 volveu acadar a alcaldía co mesmo número de concelleiros.Concello de Vilasantar na FEGAMP Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilasantar

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Vilasantar Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Nados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes