Juan Rogelio García García, coñecido como Juan Orol, nado en Santiso (Lalín) o 30 de xullo de 1893Homenaxe ó gran actor do cine mexicano Juan Orol e finado en Cidade de México o 26 de maio de 1988, foi un actor e director cinematográfico galego-mexicano. Foi coñecido como o "rei do cinema negro mexicano" o cine de gángsters, e un dos principais promotores do chamado cine de rumberas.

Traxectoria Emigrou a Venezuela, Estados Unidos, Cuba e México. En Cuba foi piloto de coches de carreiras, xogador de béisbol e boxeador. Con vinte anos volveu a México, onde se fixo toureiro e se deu a coñecer co nome de Esparterito. Alterou esta profesión coa de policía secreto ata 1928, cando se dedicou ao cine.

Comezou a traballar como director artístico nunha empresa radiofónica e colaborou como actor secundario nalgunhas películas. Fundou a produtora Aspa Films e desenvolveu unha dilatada carreira cinematográfica entre México e Cuba como actor, produtor e director. A súa última aparición no cine foi como actor na comedia Ni modo... así somos, realizada en 1980.

Filmografía ¿Mujeres sin alma: venganza suprema? (1934) Madre querida (1935). Honraras a tus padres (1936). Siboney (1938). Pasiones tormentosas (!945) Embrujo antillano (1945). Una mujer de oriente (1946). Tania, la bella salvaje (1947). El reino de los gángsters (1947). Gángsters contra charros (1947). La mesera coja del café del puerto (1947) Amor salvaje (1949) Cabaret Shanghái (1949). La diosa de Tahití (1952) Sandra, la mujer de fuego (1953). El sindicato del crimen (1954). Bajo la influencia del miedo (1956) Zonga, el ángel diabólico (1956) Tahimi, la hija del pescador (1961) El fantástico mundo de los hippies (1968) Historia de un gángster (1968)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vega, Eduardo de la: Un galego no cine mexicano: Juan Orol (1893-1988). CGAI, 2002.

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha de Juan Orol na IMDb Juan Orol en Cine Mexicano páxina do ITESM Juan Orol y el Cine Cubano Juan Orol, de Lalín ao cine mexicano de "serie B" en Vieiros JUAN OROL (2009) Lupe en tránsito. Destino D. Juan Orol

Categoría:Directores de cinema de México Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Actores de Lalín Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Mexicanos de ascendencia galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes