José Pardo Lombao, nado en Outeiro de Rei o 15 de xaneiro de 1955, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria É gandeiro. Incorporouse á actividade política en 1983 como concelleiro de Outeiro de Rei polo PPdeG, e en 1998 foi elixido alcalde de Outeiro de Rei en substitución de Antonio Varela Rodríguez. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. É deputado provincial.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Outeiro de Rei

Ligazóns externas Ficha en galegos.info José Pardo aspira a lograr a oitava maioría absoluta do PP en Outeiro Noticia en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Outeiro de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Outeiro de Rei Categoría:Nados en 1955