Francisco Pérez Lorenzo, nado en Vigo en 1973, é un xornalista e novelista galego, máis coñecido como Fran P. Lorenzo.
Traxectoria É licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1995. Traballou entre outras cabeceiras en Galicia Hoxe e O Correo Galego. Así mesmo, foi un dos fundadores do xornal dixital Dioivo. Mantén o blog Un país en lata. Dende setembro de 2016 traballa no equipo de prensa de Unidos Podemos no Congreso dos Deputados do Estado españolBoletín Oficial das Cortes Xerais (páx. 4) ..
En 2014 gañou o Premio Blanco Amor coa novela Cabalos e lobos.
Obra publicada Narrativa Cabalos e lobos, 2015, Xerais. A festa equivocada, 2022, Rodolfo e Priscila.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog do persoeiro
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega