O L'Hospitalet Pioners é un dos principais equipos españois de fútbol americano, con sede na cidade catalá de L'Hospitalet de Llobregat. Fundado en 1988, é un dos 4 pioneiros deste deporte en España xunto a Badalona Dracs, Barcelona Búfals e o xa desaparecido Barcelona Boxers, cos cales inaugurou en 1988 a primeira competición oficial do país, a antiga Liga Catalá de Fútbol Americano. Dende a creación da Liga Nacional de Fútbol Americano en 1995 é un dos equipos fixos no torneo. Nas últimas tempadas ten disputado a European Football League, acadando a súa primeira vitoria nun encontro en 2008.
O equipo xoga como local no Complex Esportiu Hospitalet Nord, e adoita vestir camisola vermella, pantalóns negros e casco negro.
Palmarés 300px|miniatura|dereita|Encontro dos Pioners. Liga Nacional de Fútbol Americano (5) = 2005, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013 Subcampión (4) = 1998, 2003, 2004, 2006 Copa Española de Fútbol Americano (7) = 2000, 2005, 2006, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 Subcampión (3) = 1997, 1998, 2007 Liga Catalá de Fútbol Americano (0) = Subcampión (2) = 1993, 2003
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos L'Hospitalet Pioners Páxina oficial da Agrupación Española de Fútbol Americano Páxina oficial da European Federation of American Football Outros artigos Liga Nacional de Fútbol Americano European Football League Liga Catalá de Fútbol Americano
Categoría:Equipos de fútbol americano de España Categoría:Deporte en L'Hospitalet de Llobregat