Ronald William "Ron" Howard, nado en Duncan (Oklahoma) o 1 de marzo de 1954, é un actor, director e produtor de cine estadounidense. É pai da tamén actriz Bryce Dallas Howard.

Traxectoria Fíxose famoso como actor na súa infancia, ao dar vida a Opie Taylor na sitcom The Andy Griffith Show durante oito anos, e posteriormente ao adolescente Richie Cunningham en Happy Days durante seis anos. Ron apareceu nos filmes American Graffiti en 1973 e The Shootist en 1976, a última

durante o seu traballo en Happy Days. Realizou a súa estrea como director coa comedia de 1977 Grand Theft Auto e deixou Happy Days en 1980 para centrarse na dirección. Entre as súas películas están as gañadoras dun Oscar Cocoon, Apollo 13 e A Beautiful Mind. No ano 2003 foi galardoado coa Medalla Nacional das Artes. O asteroide 12561 Howard foi nomeado así por el.

Filmografía Ano Título Notas 1969 Old Paint curtametraxe Deed of Daring-Do curtametraxe Cards, Cads, Guns, Gore and Death curtametraxe 1977 Grand Theft Auto tamén guionista 1982 Night Shift 1984 Splash 1985 Cocoon 1986 Gung Ho tamén produtor executivo 1988 Willow 1989 Parenthood tamén guionista 1991 Backdraft 1992 Far and Away tamén guionista e produtor 1994 The Paper 1995 Apollo 13 1996 Rescate 1999 EDtv tamén produtor 2000 How the Grinch Stole Christmas tamén produtor 2001 A Beautiful Mind Oscar ao mellor director tamén produtor 2003 Desaparicións tamén produtor 2005 Cinderella Man tamén produtor 2006 The Da Vinci Code tamén produtor 2008 Frost/Nixon nomeado ao Oscar a mellor director tamén produtor 2009 Angels & Demons tamén produtor 2011 The Dilemma tamén produtor

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados no condado de Stephens, Oklahoma Categoría:Nados en 1954 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa