Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol o 19 de agosto 1968, foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936. Cursou estudos da carreira eclesiástica, que non rematou, e licenciouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro e trasladouse a Ferrol, onde se dedicou activamente á política. Foi presidente da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) local e impulsor do Sindicato Católico Agrario, inspirado polas ideas de Eugenio Vázquez Gundín. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección pola Fronte Popular. Colaborou en El Departamento de Ferrol e dirixiu Pro Neutralidad, La Sirena del Norte, La Voz de la Verdad, La Verdad e El Correo Gallego (en dúas ocasións). Finou en Ferrol o 19 de agosto de 1968.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1968, p. 20.
Vida persoal Casou en 1926 con Matilde Nolla López e foi o pai do escritor e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Obras Pavesas de la hoguera, 1912. Andrómenas, 1922. Virgen y Mártir, novela aparecida en Heraldo de Vivero. El Digesto no indigesto. Anecdotario forense del humorismo galaico, 1952 (serie de textos en castelán nos que os personaxes populares empregan o galego). Ducia e pique de fábulas. Atiriño prá un fabulario gallego, 1954.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Para ser e crear necesitas independencia Conversa con Fernando Pérez-Barreiro Nolla Fernando Pérez Barreiro, de Cervo a la vida artística y política de Viveiro
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Viveiro Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1968
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes