Marcial Sanjurjo Fernández, nado en Chantada en 1956, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Nado en Chantada, foi moi pronto a Navarra, onde pasou moitos anos. Regresou a Galicia e estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Unha vez acabou a carreira foi destinado a Ourol como médico interino. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG que obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu repetir a maioría absoluta.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ourol
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Ourol Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Médicos de Chantada Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela