O Basket Club Maritime Gravelines Dunkerque Grand Littoral, coñecido como BCM Gravelines Dunkerque ou simplemente BCM, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Gravelines, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2005 o club gañou o seu primeiro campionato da Copa de Francia.
Historia En 1984, o Basket Club Maritime de Gravelines naceu baixo o impulso de Albert Denvers, tenente de alcalde de Gravelines, e Yves Leprêtre, alcalde de Grand-Fort-Philippe, que propuxo a fusión dos seus dous clubs. Tan só tres anos máis tarde, o BCM gañou o primeiro título na súa historia ao dominar a Nationale 2 (actual Pro B), mais non consegue ascender xa que ningún club ficou descendido durante a temporada 1986−87 da máxima categoría. Foi finalmente o 1 de maio de 1988 cando o Gravelines conseguiu entrar por vez primeira na Nationale 1 (actual Pro A), despois dun último partido de play-off contra o SLUC Nancy.
Despois de conseguir a permanencia durante dúas temporadas, o BCM clasificouse en 1990 para xogar a Copa Korać. O Gravelines vence na primeira rolda ao Nashua EBBC (89-72 e 74-67), mais cae na seguinte contra o Estudiantes Caja Postal (66-77 e 68-78). Após subir pouco a pouco na xerarquía do baloncesto francés, o club entra en dificultades económicas a partir de 1995. Coa chegada de Hervé Beddeleem á presidencia, o Gravelines recorre ás autoridades locais e convértese no terceiro poder financeiro do campionato de Francia detrás do Pau-Orthez e o ASVEL Villeurbanne (o seu orzamento duplicarase nuns poucos anos). En 2002, o club fusionouse co de Dunkerque para converterse no Gravelines Dunkerque Grand Littoral Basketball Club.
Despois de perder tres finais en dous anos (a Copa de Francia en 2003 contra Pau-Orthez, a Liga ao ano seguinte contra o mesmo club e a Supercopa de 2005 contra o SLUC Nancy), o BCM gaña a Copa de 2005 contra o Cholet por 91-79. Esta final mantívose igualada durante todo o tempo de xogo até que non últimos catro minutos o Gravelines fixo un parcial de 11-0 ao seu opoñente. Desde aquelas o club ocupa habitualmente as primeiras prazas da competición, aínda que sen conseguir volver gañar ningún título.
Ano a ano AnoNivelLigaCopaSupercopaCompeticións europeas2010–11 1 Pro A 3rd Rolda de 32 Campión 3 EuroChallenge 8–62011–12 1Pro A 5ºRolda de 16 Subcampión 1 Euroleague 0–1 2 Eurocup 5–72012–13 1 Pro A 5º Rolda de 32 Campión 3 EuroChallenge 4º 11–52013–14 1 Pro A 12º Rolda de 322 Eurocup 8–82014–15 1 Pro A 9º Rolda de 32 2015–16 1 Pro A 6º Semifinais Cuartos de final 2016–17 1 Pro A 9º Rolda de 32 Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup 6–62017–18 1 Pro A 13º Rolda de 32 2018–19 1 Pro A 11º Rolda de 322019–20 1 Pro A 17º Rolda de 162020–21 1 Pro A 15º Cuartos de final2021–22 1 Pro A 12º Semifinais
Xogadores Destacados
Hervé Dubuisson Andrew Albicy Georges Vestris Xavier Wallez Ali Bouziane Dainius Adomaitis Saulius Kuzminskas John Holland Steve Burtt, Sr. Bobby Dixon Larry Lawrence Jerry McCullough George Montgomery J. R. Reynolds Lawrence Roberts Danny Strong K'Zell Wesson Tyson Wheeler
Títulos Copa de Francia Campións (1): 2005 Subcampións (2): 2003, 2010 Supercopa de Francia Campións (2): 2011, 2013 Subcampións (2): 2005, 2012
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia