Antonio Campo Fernández, nado en Ponte de Domingos Flórez, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Chegou a Ortigueira a finais dos anos setenta para traballar na industria familiar de extracción de lousa, que posteriormente dirixiu. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG en Ortigueira e foi elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta, con 10 concelleiros de 13. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas municipais de 2003 e 2007, con 9 e 8 concelleiros respectivamente. O 20 de outubro de 2007 renunciou á alcaldía "por motivos profesionais e persoais", sendo substituído por Rafael Girón.
Distincións
Foi nomeado fillo adoptivo de Ortigueira en 2008.
Polémicas En setembro de 2006 saltou a polémica pola súa aparición nun programa de televisión conducido por Pocholo Martínez-Bordiú sobre a noite de Eivissa, o cal fora rodado durante as vacacións de Campo na illa. A súa aprición bébedo e que certos comentarios seus na conversa co presentador fosen cualificados de machistas e clasistas, levou aos grupos da oposición pediron a súa dimisión, cuestión á que Campo se negou e contou co apoio do seu partido, se ben pediu desculpas e asegurou que os gastos da viaxe foran en todo momento costeados do seu peto, ante as insinuacións feitas ao respectoEl alcalde popular de Ortigueira salva el puesto tras el 'affaire' Pocholo.
En agosto de 2007 foi denunciado como administrador da canteira ilegal de Muras que subministrou cuarcita a obras públicas como a Cidade da CulturaEl alcalde de Ortigueira explota la cantera ilegal que surte a la Cidade da Cultura. A raíz desta cuestión, en febreiro de 2022 resultou inhabilitado para administrar bensEl exalcalde de Ortigueira, Antonio Campo, inhabilitado para administrar bienes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ortigueira
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia