Edmundo Pérez Zujovic, nado en Antofagasta o 11 de maio de 1912 e finado en Santiago de Chile o 8 de xuño de 1971, foi un empresario e político democratacristiano chileno, ministro de Estado do presidente Eduardo Frei Montalva. O seu fillo é o tamén político Edmundo Pérez Yoma, quen -nun feito de gran simbolismo- chegou a ocupar o mesmo cargo político ao que chegou o seu pai: ministro do Interior no Goberno de Michelle Bachelet.

Véxase tamén Ligazóns externas Homilía do Cardenal Silva Henríquez tras a súa morte

Categoría:Políticos de Chile Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Antofagasta Categoría:Ministros de Chile Categoría:Chilenos de ascendencia croata