miniatura|Decembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Decembro (tamén chamado Nadal) é o duodécimo e derradeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome é derivado do latín, por ser o décimo mes do calendario romano.

Acontecementos en decembro O 8 de decembro celébrase o Día da Virxe. O segundo domingo de decembro celébrase o Día Internacional da Radio e a Televisión a favor da Infancia. O 21 de decembro é, no hemisferio sur, o solsticio de verán; e no hemisferio norte, o solsticio de inverno. O 25 de decembro celébrase o Nadal.

Decembro na cultura popular galega

Cando Nadal nada, sinal de boa anada. Entre Santos e Nadal, inverno caroal. Nadal mollado e xaneiro ben xeado. No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar. No Nadal inverno a fartar. Se polo Nadal neva, todo se aleda.

Categoría:Meses

Categoría:Nadal