miniatura|Cámara de Deputados, a cámara baixa, do Imperio do Brasil no 1830. Un congreso é unha xuntanza solemne ou asemblea de persoas competentes para debater unha cuestión
Antigas institucións xudiciais Na Idade Media e ata o comezo do século XVIII, o congreso era unha proba xudicial en xeral demandada pola esposa e ordenada en xustiza, que debía sufrir o seu marido para probar a súa impotencia sexual de cara a unha anulación do matrimonio ou dun divorcio. Reuníanse os esposos nunha cama en presenza de xuíces, oficiais, avogados e médicos expertos e correspondíalle a esta audiencia o ser testemuña da imposibilidade. Este procedemento foi progresivamente abandonado como non fiable debido á impresión causada pola solemnidade, manifestándose nalgúns casos os maridos como fecundos despois de volver casar.
Historia diplomática Chámaselles tamén congresos ás xuntanzas diplomáticas de monarcas ou plenipotenciarios, e nas que se ocupa de conciliar as diferenzas xurdidas entre nacións, ou para previr rupturas.
Política O congreso é unha institución política característica de réximes parlamentarios. No dereito constitucional, adoita ser o nome aplicado ó conxunto de cámaras dun parlamento, como sucede en Francia ou nos Estados Unidos. Nos sistemas bicamerais como o español, pode aplicarse só á cámara na que se reúnen os representantes elixidos mediante sufraxio directo, con funcións lexislativas e coexistencia co senado.
Ciencia Un congreso científico permite ós investigadores e enxeñeiros reunirse e expoñer os seus traballos. Con frecuencia é usado por empresas para darse a coñecer cos seus novos produtos no campo da bioloxía, química, farmacia...
Eventos profesionais Un congreso profesional xunta profesionais dunha área concreta (economía, ciencias sociais, industria, tecnoloxía...). Os Estados Unidos son o pais que organiza máis congresos e convencións, por diante de Alemaña, España, Reino Unido, Francia e Italia.Paris, plus que jamais capitale des congrès La Tribune.fr, le 31 mai 2012
Outros Reciben tamén o nome de congreso outro tipo de xuntanzas, como en xadrez, os 'Congresos da Federación internacional de Xadrez' e en relixión, os 'Congresos eucarísticos'.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Congreso dos Deputados de España
Categoría:Administración Categoría:Política