José César Parente Pérez é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Director dunha entidade bancaria, foi tenente de alcalde no concello de Nogueira de Ramuín ata 2011. Presentouse ás eleccións municipais de 2011 encabezando a candidatura do PPdeG en substitución de Carlos Temes Pereira e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Mantivo as maiorías absolutas nas eleccións municipais do 2015 e 2019. En marzo de 2022 renuncia ao cargo, e é substituído polo anterior alcalde, Carlos Temes Pereira

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín

Categoría:Alcaldes de Nogueira de Ramuín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia