Gertrud Scholtz-Klink, nada como Gertrud Emma Treusch en 1902 e finada en 1999, foi a líder da Liga de Mulleres Nacionalsocialistas.

Traxectoria Filla dun funcionario de Adelsheim, en Baden, deixou os estudos durante a primeira guerra mundial, traballou nos ferrocarís e como asistenta en casas de familia de militares. En 1921 casou con Eugen Klink, un mestre de escola simpatizante do NSDAP co que tivo catro fillos. En 1930 quedou viúva e converteuse na dirixente das mulleres do Partido Nazi en Baden.

En 1932 casou co médico Günter Scholtz, e coa chegada dos nazis ao poder na xefa das seccións femininas no Ministerio do Interior e directora do Servizo Laboral Feminino e en 1934 a dirección da Liga de Mulleres Alemás (DFW). Dende o seu posto promovía a superioridade do home e a dedicación da muller ás tarefas do fogar e ao coidado dos fillos.

En 1938 divorciouse do seu marido, e en 1940 casou con August Heissmeyer, xefe de grupo das SS. Despois da guerra desapareceu co seu home e ata 1948 non foi detida e condenada a 18 meses de prisión.

Categoría:Personalidades do Terceiro Reich Categoría:Nados en 1902 Categoría:Nados no distrito de Neckar-Odenwald Categoría:Finados en 1999