Joseph Frank Pesci, coñecido como Joe Pesci, nado o 9 de febreiro de 1943, é un actor e cantante estadounidense.
Traxectoria
É coñecido por interpretar gánsteres violentos ou de mal xenio. Pesci actuou en películas como Un dos nosos, Casino, Era unha vez en América, JFK ou Só na casa. En 1990 gañou un premio Óscar como mellor actor secundario pola súa interpretación do mafioso Tommy DeVito en Un dos nosos.
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey