Rómulo Ernesto Betancourt Bello, nado en Guatire, Estado Miranda, Venezuela o 22 de febreiro de 1908 e finado en Nova York o 28 de setembro de 1981, foi un político, xornalista, escritor e orador venezolano.

Biografía

Anos de formación e activismo contra a ditadura Participou como estudante na Xeración do 28. Estudou na Universidade Central de Venezuela. Como líder estudantil, dirixiu con outros estudantes a primeira manifestación popular en contra da ditadura de Juan Vicente Gómez.

Vida política Foi Presidente de Venezuela de forma provisional entre 1945 e 1948 e constitucional entre 1959 e 1964.

Betancourt chegou ao poder por primeira vez, mediante un golpe de Estado que derrubou o presidente Isaías Medina Angarita en 1945. En 1958, novamente chegou ao poder, mais, desta vez, polo sufraxio popular. En 1960 foi vítima dun atentado.

Os seguintes mandatos despois de Betancourt foron gobernos democráticos e é ás veces chamado o pai da democracia en Venezuela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista a José Sant Roz, autor de Rómulo Betancourt, el procónsul.

Categoría:Políticos de Venezuela Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados no estado de Miranda Categoría:Finados en 1981 Categoría:Presidentes de Venezuela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Venezuela