Santa Cristina de Barro é unha parroquia que se localiza no concello coruñés de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 3.532 habitantes (1.716 homes e 1.816 mulleres).

Patrimonio Antiga igrexa parroquial de Santa María de Barro, románica. Consérvase o presbiterio, que forma unha pequena capela. Igrexa de Santa Cristina de Barro. Capela de San Bernardo. Cruceiro de Eiroa. Cruceiro do Couto de Arriba.

Barro na literatura popular Hoxe teño que ir a Barro/ pola colleita de millo,/ hoxe teño que ir a Barro,/ de Barro non me despido Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: oxe, pol-a.. Somos de Santa Cristina,/ pequeniños como ratos,/ o que se meta con nós/ leva unha man de sopapos "Pra un canzoneiro de Noia", en Nós 100, 15.04.1932, 71..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Barro

Parroquias de Noia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Noia

Categoría:Parroquias de Noia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina