O forasteiro misterioso é unha novela do autor estadounidense Mark Twain, publicada orixinalmente en 1916 co título en inglés de The Mysterious Stranger. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar, e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2011. Está ambientada nunha aldea austríaca durante o século XVI.

Características Traballou nela de maneira periódica entre os anos 1890 e 1910. O corpo do texto é unha severa crítica social que Twain dirixe sobre o sentido moral e relixioso da "maldita raza humana". O escritor deixou a consigna de que a obra non fose publicada até despois da súa morte, como así sucedeu.

Twain escribiu múltiples versións da historia, todas elas inacabadas e con Satanás como protagonista. A primeira das versión é decote referida como The Chronicle of Young Satan (este Satán é o sobriño do Satán bíblico).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Text of The Mysterious Stranger Ficha na web de Hugin e Munin.

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1916 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego