Fernando Solla Fernández, nado en Cospeito en 1952 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2024, foi un político e sindicalista galego.

Traxectoria Técnico superior de prevención de riscos laborais, estaba vinculado ao Partido do Traballo de Galicia (PTG) do que foi Secretario xeral, representouno na Comisión que redactou o Estatuto dos dezaseis. Tamén estivo presente na xuntanza do 10 de xaneiro de 1979 no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela. Posteriormente ingresou na CIG e foi dirixente sindical do sector do transporte, e secretario comarcal da unión local da Coruña entre 1998 e 2001. Tamén foi membro do consello e do secretariado confederais. Foi candidato polo BNG ao Parlamento Europeo en 1989 e 1994. Faleceu o 5 de xaneiro de 2024.Onte morreunos, coma dun raio, Fernando Solla, a quen tanto queriamos

Notas

Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Cospeito

Categoría:Nados en 1952

Categoría:Finados en 2024 Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia