O 30 de marzo é o 89º día do ano do calendario gregoriano e o 90º nos anos bisestos. Quedan 276 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1282 - O pobo de Sicilia rebélase contra o rei Carlos I, nas coñecidas como vésperas sicilianas. 1806 - Xosé Bonaparte é nomeado rei de Nápoles. 1856 - Asínase o Tratado de París entre Rusia e a alianza formada polo Segundo Imperio Francés, o Imperio Británico, o Imperio Otomán e o Reino de Sardeña, poñendo fin á guerra de Crimea. 1867 - Estados Unidos merca Alasca a Rusia por 7,2 millóns de dólares. 1912 - O sultán Abd al-Hafid asina o Tratado de Fez, que converte a Marrocos nun protectorado francés. 1945 - O exército soviético invade Austria e captura Viena; os exércitos polaco e soviético liberan Gdansk. 1981 - O presidente estadounidense Ronald Reagan recibe en Washington un disparo no peito, nunha tentativa de asasinato levada a cabo por John Hinckley, Jr..

Nacementos miniatura|100px|Francisco José de Goya. 1746 - Francisco de Goya, pintor español (m. 1828). 1790 - José María Chao Rodríguez, farmacéutico e político galego (m. 1858). 1831 - Xosé García Barbón, empresario e mecenas galego (m. 1909). 1844 - Paul Verlaine, poeta francés (m. 1896). 1853 - Vincent van Gogh, pintor holandés (m. 1890). 1864 - Franz Oppenheimer, sociólogo e economista alemán (m. 1943). 1871 - Manuel Banet Fontenla, avogado e político galego (m. 1962). 1882 - Melanie Klein, psicanalista austríaca (m. 1960). 1896 - Ignacio Vidales Tomé, xornalista, debuxante e caricaturista galego (m. 1963). 1900 - María Moliner, bibliotecónoma e lexicógrafa española.(m.1981) 1915 - Francesc Sabaté Llopart, guerrilleiro antifranquista (m. 1960). 1928 - Tom Sharpe, escritor inglés. 1933 - Bautista Álvarez, político galego (m. 2017). 1937 - Warren Beatty, actor e director de cine estadounidense. 1945 - Eric Clapton, músico do rock inglés. 1964 - Tracy Chapman, música. 1968 - Céline Dion, cantante canadense.

Mortes miniatura|100px|Rudolf Steiner. 1879 - Thomas Couture, pintor francés (n. 1815). 1923 - Rudolf Steiner, filósofo austríaco (n. 1861). 1923 - Javier Vales Faílde, sacerdote e escritor galego (n. 1872). 1932 - Eduard Sievers, lingüista e filólogo alemán (n. 1850). 1934 - Ángel Baltar Cortés, médico galego (n. 1868). 1950 - Léon Blum, primeiro ministro francés (n. 1872). 1958 - José Domingo Hidalgo, xornalista galego (n. 1896). 1970 - Heinrich Brüning, chanceler de Alemaña. 1986 - James Cagney, actor estadounidense (n. 1899). 2017 - Paco Souto, escritor e político galego (n. 1962). 2022 - Antía Cal, pedagoga galega (n. 1923)

Festas e celebracións Día Internacional das Traballadoras do Fogar

Outros Santoral: San Xoán Climaco

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo