miniatura|Cartel publicitario en cerámica de Baldrich de 1924, situado na estación de Sevilla (Metro de Madrid). Roberto Martínez-Anido Baldrich, chamado Baldrich, nado o 6 de xaneiro de 1895 en Tarragona e finado en Madrid o 6 de agosto de 1959, foi un debuxante español, fillo do xeneral galego Severiano Martínez Anido.
Traxectoria Militar de formación, comezou a gañar sona como debuxante e ilustrador. Foi secretario particular do seu pai en 1923, cando Severiano Martínez Anido ocupou o cargo de ministro da Gobernación, pero axiña deixou a política para dedicarse á ilustración. Os seus debuxos foron publicados por Vogue, o que acabou facendo que se trasladase a vivir a Nova York en 1928, onde ademais de para Vogue ilustrou para Smart Set e Harper's Bazaar. Despois de volver a España, marchou ao exilio a Francia co seu pai logo da caída de Miguel Primo de Rivera, onde comezou a dedicarse de pleno á pintura, igual có seu pai e tamén ao cartelismo. Nesa década, e dende Francia, colaborou coa revista Blanco y Negro, o buque insignia do xornal ABC.
Ao estourar a Guerra civil española Baldrich permaneceu en Francia, onde se dedicou a tarefas de información e espionaxe a prol do bando franquista. A segunda guerra mundial fixo que se establecese en Donostia, onde se dedicou plenamente á pintura e á ilustración para xornais. Viviu longas tempadas en Buenos Aires, onde se encargou de ilustrar todas as portadas da revista mensual arxentina Atlántida entre 1953 e 1959, e Madrid, onde faleceu dunha doenza hepáticaAdios a Baldrich, 8/8/1959..
Notas
Categoría:Pintores de Cataluña Categoría:Ilustradores de España Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades sen imaxes