A Canadian Football League (ou CFL en inglés, Ligue canadienne de football ou LCF en francés) é unha liga profesional deportiva do Canadá. A CFL é a máxima competición do fútbol canadense, un deporte estreitamente ligado ao fútbol americano. Trátase da segunda liga deportiva profesional mais popular do país, só por detrás do hóckey sobre xeo (NHL). A competición está composta de nove equipos, cada un coa súa sede nunha cidade diferente, divididos en dúas divisións: a East Division, con catro equipos, e a West Division, con cinco.

A liga dispútase durante vinte semanas, tradicionalmente desde finais de xuño até comezos de novembro. Cada equipo xoga dezaoito partidos con, polo menos, dúas semanas de descanso. Unha vez finalizada esta fase da competición, seis equipos compiten nunha eliminatoria que finaliza coa celebración da Grey Cup a finais de novembro, un dos eventos televisivos máis seguidos no país. A CFL foi oficialmente fundada o 19 de xaneiro de 1958, froito da fusión da Interprovincial Rugby Football Union (fundada en 1907) e a Western Interprovincial Football Union (fundada en 1936).

Equipos Actuais equipos Equipo Cidade Provincia Estadio Capacidade Fundación Hamilton Tiger-Cats Hamilton border|20px|Ontario Ontario Tim Hortons Field 24.000 1950 (1869) Montreal Alouettes Montreal border|20px|Quebec Quebec Percival Molson Memorial Stadium 23.420 1996 (1946) Ottawa Redblacks Ottawa border|20px|Ontario Ontario TD Place Stadium 25.000 2014 (1876) Toronto Argonauts Toronto border|20px|Ontario Ontario BMO Field 26.500 1873 BC Lions Vancouver border|20px|Columbia Británica Columbia Británica BC Place 54.320 1954 Calgary Stampeders Calgary border|20px|Alberta Alberta McMahon Stadium 35.400 1945 Edmonton Eskimos Edmonton border|20px|Alberta Alberta The Brick Field at Commonwealth Stadium 56.302 1949 (1911) Saskatchewan Roughriders Regina border|20px|Saskatchewan Saskatchewan Mosaic Stadium 33.000 1910 Winnipeg Blue Bombers Winnipeg border|20px|Manitoba Manitoba Investors Group Field 33.234 1930 (1887)

Uniformes Hamilton Tiger-Cats Montreal Alouettes Ottawa Redblacks Toronto Argonauts  200px|Hamilton Tiger-Cats200px|Montreal Alouettes200px|Ottawa Redblacks200px|Toronto Argonauts BC Lions Calgary Stampeders Edmonton Eskimos Saskatchewan Roughriders Winnipeg Blue Bombers 200px|BC Lions 200px|Calgary Stampeders 200px|Edmonton Eskimos 200px|Saskatchewan Roughriders 200px|Winnipeg Blue Bombers

Palmarés

A primeira edición da CFL tivo lugar en 1909. Dende entón téñense disputado 100 tempadas, nas que 20 equipos acadaron a vitoria final na Grey Cup. Deses 20 equipos, hoxe sobreviven só 8: Con 16 títulos: Toronto Argonauts, en 22 finais. Último título acadado, en 2012. Con 13 títulos: Edmonton Eskimos, en 22 finais. Último título acadado, en 2005. Con 10 títulos: Winnipeg Blue Bombers, en 25 finais. Último título acadado, en 1990. Con 08 títulos: Hamilton Tiger-Cats, en 18 finais. Último título acadado, en 1999. Con 07 títulos: Montreal Alouettes, en 18 finais. Último título acadado, en 2010. Con 06 títulos: Calgary Stampeders, en 13 finais. Último título acadado, en 2008. Con 06 títulos: BC Lions, en 11 finais. Último título acadado, en 2011. Con 03 títulos: Saskatchewan Roughriders, en 18 finais. Último título acadado, en 2007. Dos restante equipos desaparecidos, é salientable o palmarés dos Ottawa Rough Riders, que acadaron 9 títulos en 15 finais. Este equipo, un dos máis importantes do deporte canadense, desapareceu en 1996 e volverá en 2014 á CFL cun nome aínda non decidido.

Véxase tamén Outros artigos Fútbol canadense Ligazóns externas Páxina oficial da CFL

Categoría:Deporte no Canadá Categoría:Fútbol no Canadá