Sant Quirze del Vallès é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental, en Cataluña. A localidade está situada a 25 km de Barcelona e limita con outras grandes cidades como Sabadell, Rubí, Terrassa ou Sant Cugat del Vallès.

Historia Atopáronse importantes restos arqueolóxicos dentro do termo municipal que demostran a presenza humana na zona desde o neolítico, fai 6.000 anos. Probablemente estas primeiras sociedades establecésense neste lugar aproveitando os recursos naturais e o relevo suave do terreo, propicio para a agricultura e a gandería.

A orixe de Sant Quirze como pobo se remonta na Idade Media, en principio cunha poboación diseminada en masías e vilas, e máis tarde a construción de casas ao redor da parroquia. Nese tempo a parroquia e o territorio que o rodeaba dependían do castelo de Terrassa.

A economía do municipio baseouse tradicionalmente na agricultura, especialmente no cultivo da vide realizado nas distintas masías dispersas por todo o termo, existentes ata fai ben pouco. Hoxe en día aínda é posible atopar algunhas que sobreviviron o paso do tempo, como Can Feliu, Can Barra ou Can Vinyals.

A comezos do século XX, a súa poboación compaxinaba o traballo nas fábricas das cidades veciñas co cultivo da terra. A proximidade da cidade de Sabadell, a construción da estación do ferrocarril e o asentamento progresivo de diferente industrias nos arredores do municipio, provocaron un cambio na actividade agrícola. Desde finais dos setenta, Sant Quirze experimentará unha notable expansión e incremento da poboación coa construción de urbanizacións tales como Vallès Parc, Sant Quirze Jardí ou Mas Duran, e coa chegada de familias novas procedentes na súa maioría de Barcelona. Actualmente, Sant Quirze é un municipio de servizos e fundamentalmente residencial.

Demografía Sant Quirze del Vallès. Gráfica de poboación. 1900-2006

Lugares de interese 220px|miniatura|Igrexa parroquial Sant Feliuet de Vilamilans: pequeno templo prerrománico dunha nave con planta en cruz e tres ábsidas. Aparece nos documentos desde finais do século X. Igrexa de Sant Quirze e Santa Julieta: consagrada en 1050 polo bispo de Barcelona, foi remodelada no século XVII. La Patronal: edificio de estilo modernista edificado en 1922. Durante os seus primeiros anos foi punto de encontro da xente acomodada da localidade. Cooperativa Agrícola: edificio modernista de 1927, punto de encontro da clase traballadora do pobo. Torre Julià: casa modernista no barrio de Les Fonts. Casa de Cultura Vila-Puig: casa natal do pintor Joan Vila-Puig, rehabilitada en 2002.

Festividades Pase de San Antonio, en xaneiro. Carnaval Aplec del Mussol Festas patronais de Sant Quirze e Santa Julieta, o 16 de xuño. Festa maior, en setembro.

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona