José Manuel Pequeño Castro, nado na Ameixenda (Cee) o 17 de marzo de 1955, é un político e arquitecto técnico galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Arquitecto técnico,Nova en La Voz de Galicia Carballo, 12-6-1987 p.21 foi técnico en diversos concellos. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Dumbría encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou como independente a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta (11 concelleiros de 13). Foi un dos alcaldes desta coalición que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada en xuño de 1989 na Deputación da Coruña polo socialista Salvador Fernández Moreda contra o aliancista José Manuel Romay Beccaría.

Nas municipais de 1991 presentouse como cabeza de lista do PSdeG-PSOE e volveu ser elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 11), sendo elixido deputado provincial. Volveu ser reelixido alcalde en 1995, 1999 e 2003 con 8 concelleiros, volvendo a ser deputado provincial de 1995 a 1999. En 2007 sube a 9 concelleiros e volve a ser deputado provincial. Volveu ser reelixido con maioría absoluta en 2011, 2015 e 2019,Concello de Dumbría na FEGAMP logrando 9, 10 e 9 edís, respectivamente, e ocupando de novo unha acta de deputado na Deputación da Coruña tralos dous últimos comicios, encargándose da área de infraestruturas, vías e obras.

Foi presidente provincial do PSdeG na Coruña de 2018 a 2022. En xaneiro de 2023 anunciou que non se presentaría á reelección nas municipais dese ano, sendo substituído como candidato socialista polo concelleiro Raúl González Lado, o cal logrou a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dumbría

Ligazóns externas «Temos que definir cal é o territorio que delimita a Costa da Morte», entrevista en La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2008. Perfil biográfico na web da Deputación

Categoría:Alcaldes de Dumbría Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes