Horehound é o álbum de estrea do supergrupo estadounidense de rock alternativo The Dead Weather, editado o 10 de xullo do 2009 en Australia, o 13 en Europa e o 14 en Norteamérica. O disco foi gravado nos Third Man Studios durante un período de tres semanas en xaneiro do ano 2009. O seu primeiro sinxelo foi "Hang You from the Heavens", publicado a través de iTunes o 11 de marzo, e en vinilo o 18 de abril. "Treat Me Like Your Mother" foi lanzado como segundo sinxelo o 25 de maio, e o terceiro sería "I Cut Like A Buffalo", que inclúe unha versión de The West Coast Pop Art Experimental Band, "A Child of a Few Hours is Burning to Death", como cara B. O álbum estreouse no número 6 da lista Billboard 200 e no 14 da UK Album Charts.

Listaxe de cancións "60 Feet Tall" (Fertita/Mosshart) - 5:33 "Hang You from the Heavens" (Fertita/Mosshart) - 3:39 "I Cut Like a Buffalo" (White) - 3:28 "So Far from Your Weapon" (Mosshart) - 3:40 "Treat Me Like Your Mother" (Fertita/Lawrence/Mosshart/White) - 4:10 "Rocking Horse" (Mosshart/White) - 2:59 "New Pony" (Bob Dylan) - 3:58 "Bone House" (Fertita/Lawrence/Mosshart/White) - 3:27 "3 Birds" (Fertita/Lawrence/Mosshart/White) - 3:45 "No Hassle Night" (Mosshart/White) - 2:56 "Will There Be Enough Water?" (Fertita/White) - 6:20

Canción extra "Outside" (Downliners Sect) - 2:50

Categoría:Álbums de The Dead Weather Categoría:Álbums musicais de 2009 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Warner Bros. Records