Ronny Turiaf, nado en Le Robert (Martinica) o 13 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional francés de baloncesto profesional que é axente libre.

Traxectoria Turiaf foi elixido no Draft da NBA de 2005 polos Los Angeles Lakers na 37ª posición, onde xogou ata o ano 2008. Despois pasou dúas tempadas nos Golden State Warriors.

O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Anthony Randolph, Kelenna Azubuike e unha futura elección de segunda rolda do Draft a cambio de David Lee.

Durante o lockout da NBA, asinou polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Denver Nuggets, nun traspaso a tres bandas entre os Nuggets, os Los Angeles Clippers e os Washington Wizards. Foi cortado uns días máis tarde.Nuggets waive Turiaf

O 21 de marzo de 2012, asinou cos Miami Heat ata final de tempada. O 21 de xuño de 2012, Turiaf gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Heat.

O 27 de xullo de 2012, Turiaf fichou polos Los Angeles Clippers.

O 18 de xullo de 2013, Turiaf asinou cos Minnesota Timberwolves.

O 19 de decembro de 2014, Turiaf foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluíu ós Timberwolves e ós Houston Rockets.Sixers Acquire 2015 Second-round Pick, Ronny Turiaf, And Rights To Sergei Lishouk Catro días máis tarde, foi cortado polos Sixers.Sixers Sign Free Agent Malcolm Thomas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Martinica Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012