O lanosterol é un esteroide do grupo dos esterois (tamén se pode considerar un triterpenoide tetracíclico), do cal derivan todos os esteroides nos animais PubChem compund LanosterolDrugBank Lanosterol. Nas plantas derivan do esteroide cicloartenol . O lanosterol foi atopado por primeira vez na lanolina da la do ovella, e o seu papel biosintético non se descubriu ata máis tarde. Atópase en grandes cantidades na lanolina, xunto con outros triterpenoides.
Función na ruta de síntese de esteroides A produción de lanosterol, catalizada encimaticamente, orixina a estrutura cíclica básica dos esteroides. O lanosterol é o primeiro composto ciclado esteroide importante na ruta metabólica de síntese do colesterol, que empeza con moléculas terpénicas lineais e segue ata o escualeno, que se cicla dando lanosterol. A conversión posterior do lanosterol en colesterol implica a eliminación de dous grupos metilo (CH3) no carbono 4 e outro no carbono 14, o desprazamento dun dobre enlace do anel, e a saturación do dobre enlace da cadea lateral. miniatura|esquerda|350px|Visión simplificada da ruta de síntese do lanosterol, na que se mostran os intermediarios isopentenil pirofosfato (IPP), dimetilalil pirofosfato (DMAPP), xeranil pirofosfato (GPP), e escualeno. Outros intermediarios foron omitidos.
Biosíntese
Descrición Ilustración Encima Dúas moléculas de farnesil pirofosfato condénsanse con redución polo NADPH para formar escualeno 400px escualeno sintase O escualeno oxídase a 2,3-oxidoescualeno (escualeno epóxido) 400px escualeno monooxixenase O 2,3-oxidoescualeno convértese nun catión protoesterol e finalmente a lanosterol 400px lanosterol sintase (paso 2) 400px (paso 2)
Notas
Véxase tamén Cicloartenol Colesterol
Categoría:Esteroides Categoría:Esterois