Manuel Belón Gómez, nado en San Román de Cervantes o 31 de agosto de 1931 e finado en Lugo o 20 de maio de 2021, foi o alcalde de Cervantes durante catro décadas.
Traxectoria Era carteiro en Cervantes e foi designado en 1963 como alcalde de Cervantes polo gobernador civil Eduardo del Río a partir dunha terna de candidatos. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cervantes e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía ao votaren os representantes populares polo candidato socialista, Gonzalo Álvarez. Nas municipais de 1987 presentouse pola Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG e volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE.
A partir das eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, logrando sempre maioría absoluta e continuando como alcalde ata 2007, cando decidiu non volver presentarse.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cervantes
Categoría:Alcaldes de Cervantes Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes