A periclasaDicionario Digalego periclasa ou periclasioBUSCatermos periclasio Proposta do Servizo de Normalización Lingüística da USC. un mineral da clase 04 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz; é unha forma natural do óxido de magnesio (MgO). Antigamente denominada magnesia.Mindat.org
Foi descuberto en 1840.
A magnesia da rexión de Magnesia en Tesalia contiña tanto óxido de magnesio como carbonato de magnesio hidratado, así como óxido de ferro (como a magnetita). Así as chamadas na antigüidade pedras de Magnesia, coas súas propiedades magnéticas, foron as que deron nome ao magnetismo. Trituradas son un po branco, lixeiro, pouco soluble na auga, inodoro, con lixeiro sabor alcalino, usado en medicina como antiácido. Tamén pode ser utilizado contra o estrinximento.
Formación e xacementos A periclasa fórmase normalmente en mármore como produto do metamorfismo de rocas sedimentarias dolomíticas. Fórmase por alteración da brucita baixo certas condicións ambientais preto da superficie do terreo. Entre os xacementos deste mineral podemos destacar o que hai na provincia de León, en España.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Minerais