Weird Era Cont. é un álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, lanzado ao mesmo tempo que Microcastle o día 28 de outubro do 2008. Despois de que Microcastle fose filtrado meses antes da súa data de edición, a banda gravou un novo álbum coa intención de premiar a aqueles que agardaban á súa data de publicación en formato físico, aínda que, ao igual que pasou con Microcastle, tamén este acabaría sendo filtrado.
Listaxe de cancións "Backspace Century" - 2:19 "Operation" - 4:04 "Ghost Outfit" - 0:33 "Dot Gain" - 3:19 "Vox Celeste" - 3:31 "Cicadas" - 2:30 "Vox Humana" - 2:32 "VHS Dream" - 2:33 "Focus Group" - 2:49 "Slow Swords" - 3:25 "Weird Era" - 2:40 "Moon Witch Cartridge" - 1:32 "Calvary Scars II/Aux Out" - 10:12
Categoría:Álbums de Deerhunter Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de 4AD Categoría:Álbums de Kranky Records