O distrito de Gomba é un distrito da Rexión Central de Uganda. Entrou en función o 1 de xullo de 2010, cando se partiu o antigo distrito de Mpigi en tres: distrito de Gomba, distrito de Butambala e distrito de Mpigi. A súa poboación estimada no 2010 era duns cen mil habitantes,Estimated Population of Gomba District In 2010 o que supón un decrecemento con respecto ao 2002, cando se nomeaba como condado e tiña 133.264 habitantes.

Limita co distrito de Mubende polo norte, co distrito de Mityana polo nordeste, co distrito de Butambala polo leste, e cos distritos Kalungu, Bukomansimbi e Sembabule polo sur. A sede capital do distrito atópase en Kanoni. É un distrito principalmente rural, con gandaría e agricultura de subsistencia.

Notas

Gomba