Alfredo Iglesias Diéguez, nado en Vigo o 14 de setembro de 1966, é un profesor, paleoantropólogo e historiador galego, coordinador da área de ciencias sociais da Enciclopedia Galega Universal e membro fundador do Institut Charles Darwin International de París.
Traxectoria Doutor en Historia, é especialista en evolución humana. Profesor de Ciencias Sociais no IES Xulián Magariños de Negreira. Dende 1984 está vinculado ao proxecto Orce-Cueva Victoria, que dirixiu o Dr. Gibert ata o ano 2007, participando nas escavacións de Venta Micena, Barranco León, Fuente Nueva 1 e Barranco del Paso (Orce, Provincia de Granada) e Cueva Victoria (Cartaxena). No ámbito da a evolución humana é autor de numerosas investigacións publicadas en revistas especializadas de ámbito internacional (Human Evolution, L’Anthropologie...) e nacional (Gallaecia, Estudios de sociolingüística…), así como en revistas de carácter xeral (A Trabe de Ouro); así mesmo, é autor –unhas veces en solitario e outras en colaboración-, de capítulos nos libros Presencia humana en el Pleistoceno inferior de Granada y Murcia (1992), Pour Darwin (1997),Congrès international «Pour Darwin» Los homínidos y su entorno en el pleistoceno inferior y medio de Eurasia (1999),Los homínidos y su entorno en el pleistoceno inferior y medio de Eurasia en Dialnet. A very remote period indeed (2001), Miscelanea en homenaje a Emiliano Aguirre (2005),Miscelanea en homenaje a Emiliano Aguirre en Dialnet. The Human Evolution Source Book (2006) e O darwinismo e Galicia (2009),O darwinismo e Galicia en Dialnet. así como do libro Historia do pensamento antropolóxico en Galicia (1999),Historia do pensamento antropolóxico en Galicia en Dialnet.Recensión, por Tito A. Varela López baseado nas investigacións realizadas en relación coa súa Tese de doutoramento,A investigacion en España sobre o evolucionismo humano en Dialnet. pola que obtivo o premio extraordinario en 1999.
Dende 1995 ata o 2011 colaborou habitualmente en Galicia Hoxe (antes O Correo Galego), tanto no suplemento Descubrir, con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada Na marxe esquerda, na que escribiu centos de artigos relacionados coa igualdade de dereitos, a solidariedade, o altermundismo, a crise da democracia e do capitalismo… Por un dos primeiros artigos publicados n’O Correo Galego: “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996. Así mesmo, dende 2003 é colaborador habitual de Faro da Cultura, do xornal Faro de Vigo, no que colabora con recesións de libros de ensaio. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu consello editorial. Desde o ano 2005 colabora con artigos en castelán no portal Rebelión, do que é membro do comité editorial; así mesmo, dende o ano 2025 colabora con Mundo Obrero, e Nuestra Bandera, medios vinculados ao PCE. Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade. No ano 2014 recibiu o Premio Maruxa Mallo.
Vinculado dende a súa mocidade a organizacións sociais e políticas de esquerda, foi membro da Comisión Permanente do Secretariado Nacional do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) (2009-2011), organización á que representou no Consello do Foro Social Galego.
No 2017, comezou a organizar no IES Maruxa Mallo o Congreso Escolar Polas Igualdades, que conta xa con cinco edicións. Como profesor de ciencias socias, organizou relatorios, exposición e demais sobre a historia do feminismo, e outras desigualdades que ocorreron ao largo dos últimos séculos. Pertence así ao Colectivo 8 de Marzo, que é o comité organizativo do congreso.
Obra en galego Ensaio Historia do pensamento antropolóxico en Galicia: o discurso sobre a evolución humana, 1999, Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2609-0 Manuel Murguía, 2000, Ir Indo. ISBN 84-7680-322-2 Pablo Iglesias, 2001, Ir Indo. ISBN 84-7680-351-6
Obras colectivas 15-M: o pobo indignado,15-M: o pobo indignado na páxina web da editorial. 2011, Laiovento. ISBN 84-8487-216-0 A praza é nosa,A praza é nosa en Dialnet."A Praza é Nosa: o 15M, dende Galicia, en galego e por autores galegos" Galicia Confidencial, 31/12/2011., 2011, 2.0 editora.O mundo en galego. Comprender o global dende aquí, 2020, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).
TraduciónsPor unha ecoloxía das linguas do mundo, de Louis-Jean Calvet, 2004, Laiovento. ISBN 84-8487-063-4En Triunfo, de Ramón Chao e Ignacio Ramonet, 2005, Laiovento. ISBN 84-8487-079-0Cartas ao señor futuro,"Conversando con Eduardo Galeano" El Correo Gallego, 25/5/2008."Galeano en Galiza e en galego" Galicia Hoxe. de Eduardo Galeano, 2007, Laiovento. ISBN 84-8487-133-9
Obras colectivasO traballo, 2002. Cartafol con 12 láminas de Mingos Teixeira.
Obra en castelán Obras colectivasBandolerismo, vino y farándula en el Camino de Santiago, 1999. Con 15 estampas de Camilo Otero. ISBN 978-84-00-29865-4Para conocer y comprender el Camino de Santiago: el libro imprescindible para antes de emprender la Ruta Sagrada, 2001, Ir Indo.Coordinador con Mercedes Pacheco Vázquez. ISBN 978-84-7680-366-0Cincuenta (+nueve) conversaciones filosóficas,Presentación del libro Cincuenta (+ nueve) conversaciones filosóficas, (Málaga, Ediciones del Genal, 2018) . de Salvador López Arnal (ed.), 2018, ediciones del Genal. ISBN 978-84-17186-59-3Salvador López Arnal, la humildad de un sabio. Escritos en homenaje a su trayectoria intelectual y militante,, a cargo de José Sarrión Andaluz e Iñaki Vázquez Álvarez (eds.), 2024, Dykinson. ISBN 978-84-1070-107-630 años de Rebelión a cargo de Beatriz Morales Bastos, Silvia Arana, Alfredo Iglesias Diéguez e Antonio Cuesta (eds.), 2026, Dyskolo. ISBN 979-13-99100525
TraduciónsEsa familia poco común, de J. Chaline, 1997, Akal. ISBN 978-84-460-0588-9Homero, de P. Carlier,"Homero o la larga sombra de la Ilíada" El País, 16/7/2005 . 2005, Akal. ISBN 978-84-460-2151-3Tras los pasos de los dioses griegos, de P. Léveque, 2006, Akal. ISBN 978-84-460-2248-0El triángulo de Óscar Wilde, de Xerardo Agrafoxo Pérez, 2007. Laiovento. ISBN 978-84-8487-104-0 Los griegos y nosotros: antropología comparada de la Grecia antigua'', de M. Detienne, 2007, Akal. ISBN 978-84-460-2463-7
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes