Ignacio Juan Martín Amaro, nado en Alacant o 15 de agosto de 1944 e finado o 19 de decembro de 2021, foi un político galego de centro-dereita.

Traxectoria Casou para Ourense e empezou a traballar como xefe de persoal na fábrica que Barreiros tiña no polígono de San Cibrao. Despois marchou a Vigo, á Citroën, pero logo volveu a Ourense, onde traballou a parte máis importante da súa vida profesional como empregado de banca en Caixa Ourense.

Resultou escollido senador nas Xerais de 1982 na lista da coalición AP-Partido Demócrata Popular. Ao remate desa lexislatura non volveu concorrer a unha candidatura ao Senado nin tampouco ao Congreso dos Deputados, se ben mantivo unha traxectoria política, ao ocupar diversos cargos de xestión internos no PPdeG en Ourense. Nos conflitos que sacudiron o PP nesa provincia, Martín Amaro estaba considerado unha persoa baltaristaBaltar perdió los 83 compromisarios de dos de los cinco distritos de la ciudad por 10 votos de diferencia, Faro de Vigo, 15/1/2010.. En 2015 encabezou as listas do PPdeG nas eleccións ao concello de Parada de Sil, e foi elixido concelleiro, aínda que non alcalde. Despois estivo en Cidadáns, partido co que chegou a concorrer nas eleccións xerais de 2019 na candidatura ao senado.

Activo no asociacionismo veciñal de Ourense, nos anos 2004 e 2005 mantivo un contencioso público co concello de Ourense, daquela gobernado por PSdeG-PSOE e BNG, polas obras das termas de OutarizEl político del PP le exige a su grupo que gestione ante el obispado la propiedad dela farmaciade su mujer , La Voz de Galicia, 8/10/2005..

Vida persoal Casado, con tres fillos, é afeccionado aos deportes de aventuraXeixo Aventura 4X4 de Ourense. Oasis y espejismos de un viaje por el Sahara Occidental , web persoal. e pescador, onde chegou por exemplo a presidir o Club de Pesca de Baños de Molgas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Alacant Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2021