O Palacio Real de la Granja de San Idelfonso é unha das residencias da Familia Real Española. Está xestionado por Patrimonio Nacional e atópase aberto ao público.

Atópase situado no municipio segoviano de Real Sitio de San Idelfonso, na vertente norte da Serra de Guadarrama, a 13 quilómetros de Segovia e a uns 80 de Madrid. O seu nome provén dunha antiga granxa que os monxes xerónimos do mosteiro de El Parral tiñan nas inmediacións.

Historia O palacio foi mandando construír por orde de Filipe V de España. Teodoro Ardemans, mestre maior do Real Palacio e da Vila de Madrid, foi o encargado de realizar os planos e o proxecto do novo palacio, iniciándose as obras en 1721 e rematáronse no 1724.

Sufriu un incendio o 2 de xaneiro de 1918, no que se destruíron os frescos que decoraban os teitos da planta alta, algunhas lámpadas de cristal e bronce, mobles e unha importante colección de tapices.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tratado de San Ildefonso (1800) Patrimonio Nacional

Ligazóns externas Descrición do pazo na web de Patrimonio Nacional .

Granja Categoría:Palacios de España Categoría:Arquitectura en Castela e León

ca:La Granja de San Ildefonso es:Palacio Real de la Granja de San Ildefonso it:La Granja de San Ildefonso pt:Palácio Real de La Granja de San Ildefonso ru:Ла Гранха