miniatura|Xuño ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do secúlo XV. Xuño ou san Xoán é o sexto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.
Xuño na cultura popular galega
No primeiro domingo, faise a festa-concurso da Cereixa en Beade (Vigo). 13 de xuño: santo Antón de Lisboa, avogado das mozas casadeiras e dos obxectos perdidos. Meu san Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro. San Antoíño bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole. En Galicia celébrase a festividade de San Xoán con fogueiras e festas.
Refraneiro A auga por san Xoán tolle o viño e non dá pan. De san Xoán prás Navidás, os días van pra atrás. En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can. En san Xoán, tanto queixo coma pan. En san Xoán, tanto viño coma pan. O que xexúa en san Xoán, ou é parvo ou non ten pan. Tras de maio, vén san Xoán.
Notas
Categoría:Meses