Meitner é o terceiro cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 55,6° S 321,6° E Ten case 150 km de diámetro e posúe dous aneis concéntricos cara ó bordo do cráter. O seu chan é plano e escuro ó radar. Meitner tamén posúe grandes regueiros irregulares e de forma lobular de material depositado tralo impacto inicial. O cráter formouse sobre unhas planicies volcánicas cortadas por multitude de fendas e fisuras, que parten do nordés, e que se formaron a consecuencia dun evento de impacto anterior.
Recibiu o seu nome en honra a física austríaca Lise Meitner.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Barton (cráter) Isabella (cráter) Dickinson (cráter)
Categoría:Cráteres de impacto de Venus