This Is Hardcore é o sexto álbum da banda inglesa de rock alternativo Pulp, editado o 30 de marzo de 1998 a través do selo Island Records. Lanzouse tres anos despois do disco que os levou á fama, Different Class, e foi agardado con impaciencia. Ao igual que o álbum anterior, acadou o número 1 das listas, sendo ben recibido pola crítica e facendo que Pulp conseguise tresnomeamento para os Mercury Prize de 1998. As tiradas iniciais no Reino Unido viñan cun CD ao vivo de regalo, titulado "This Is Glastonbury". Unha edición deluxe foi lanzada o 15 de setembro de 2006, contendo un segundo disco con caras-b, demos e rarezas.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Pulp Categoría:Álbums musicais de 1998