Jerome Adolphus Jordan, nado o 29 de setembro de 1986 en Kingston, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional. Cunha estatura de 2,15 metros xoga na posición de pivote.

Traxectoria Jordan foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Milwaukee Bucks. Foi traspasado aos New York Knicks o 8 de xullo de 2010 a cambio de diñeiro. Tras xogar na liga de verán cos Knicks, decidiu xogar en Europa, no KK Hemofarm serbio, pero os Knicks seguían tendo os seus dereitos. En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co KK Krka en Eslovenia. Os Knicks anunciaron que Jordan ía asinar un contrato con eles para a tempada 2011-12.

O 9 de xullo de 2012, Jordan foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Toney Douglas, Josh Harrellson e dúas eleccións da 2ª rolda do Draft de 2014 e 2015 a cambio de Marcus Camby.Rockets make trades official Foi cortado polos Rockets o 18 de xullo de 2012.

O 11 de setembro de 2014, asinou cos Brooklyn Nets.

O 11 de outubro de 2015, Jordan asinou cos New Orleans Pelicans, pero foi cortado sen chegar a debutar. O 15 de decembro de 2015, fichou polo Jiangsu Monkey King chinés para a tempada 2015-16. Tras o remate da tempada regular na China, o 20 de febreiro fichou polo Baloncesto Sevilla da Liga ACB.

O 29 de setembro de 2018, Jordan fichou polo CB Breogán da Liga ACB. O 31 de decembro de 2018, anunciouse a súa marcha do Breogán para fichar polo BC Andorra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Kingston Categoría:Xogadores de baloncesto de Xamaica Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do KK Hemofarm Categoría:Xogadores do KK Krka Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do BC Andorra