Domenico Losurdo, nado en Sannicandro di Bari en 1941, é un filósofo, historiador e politicólogo marxista italiano.
Traxectoria Doutor en Filosofía pola Universidade de Urbino, é decano da Facultade de Educación da mesma universidade. É autor de numerosos ensaios, nos que ten criticado o concepto de totalitarismo, procurándolle unhas orixes na teoloxía cristiá. Ademais, asegura que a xénese do fascismo e do nazismo sitúase nas políticas imperialistas e colonialistas de Occidente, que foron as responsables das primeiras actividades xenocidas e de control político.
O seu principal ámbito de investigación refírese á reconstrución da historia da filosofía política clásica alemá, imprimíndolle un cariz marcadamente crítico e con especial énfase en Hegel, Kant, Nietzsche e Heidegger.
As súas dúas úlitmas obras representan unha nova óptica no abordamento de dúas figuras clave do século XX. En Stalin. Storia e critica de una leggenda nera, reconsidera a figura de Stalin dende unha aproximación profundamente reflexiva, distanciándose das biografías demonizadoras do líder soviéticoCrítica de Miguel Urbano Rodrígues. Pola súa banda, en La non-violenza. Una storia fuori dal mito, tamén se afasta das posicións, neste caso laudatorias, que a maioría das biografías toman na análise do líder indio Gandhi.
Obras Autocensura e compromesso nel pensiero politico di Kant, Napoli, 1984 Hegel und das deutsche Erbe. Philosophie und nationale Frage zwischen Revolution und Reaktion, Köln, 1989 La comunità, la morte, l'Occidente. Heidegger e l' "ideologia della guerra", Torino, 1991. Hegel e la libertà dei moderni, Roma, 1992 Democrazia o bonapartismo: trionfo e decadenza del suffragio universale, Bollati Boringhieri, Torino, 1993; La Seconda Repubblica. Liberismo, federalismo, postfascismo, Bollati Boringhieri, Torino, 1994. Controstoria del liberalismo, Roma-Bari, Laterza, 2005. Il linguaggio dell'Impero : lessico dell'ideologia americana Roma- Bari, Laterza, 2007 Stalin. Storia e critica de una leggenda nera', Carocci Editore, Roma, 2008. La non-violenza. Una storia fuori dal mito'', Laterza, 2011.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Domenico Losurdo
Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Politicólogos Categoría:Nados na provincia de Bari Categoría:Nados en 1941 Categoría:Alumnos da Universidade de Urbino Categoría:Historiadores de Historia Contemporánea