A segunda guerra balcánica ou segunda guerra dos Balcáns, que durou do 16 de xuño ao opuxo a Bulgaria contra os seus antigos aliados, Serbia e Grecia, descontentos da repartición das ganancias territoriais da Primeira guerra balcánica. A nova guerra provocou a entrada nela de Romanía, entón en diferente bando con respecto a Bulgaria. Cando as tropas romanesas se aproximaban á capital, Sofía, Bulgaria pediu o armisticio, que acabou no Tratado de Bucarest, no cal Bulgaria cedeu a maior parte dos territorios conseguidos na primeira guerra balcánica a Serbia, Grecia, Romanía e o Imperio Otomán.
A guerra provocou a ruptura da alianza ruso-búlgara, deixando a Serbia como única aliada de Rusia na rexión. Por iso Serbia recibiu o total apoio de Rusia cando a crise de xullo de 1914 Consecuencia do atentado de Saraievo. que conduciu á primeira guerra mundial.
Antecedentes: a primeira guerra balcánica
Durante a Primeira guerra balcánica, a Liga balcánica, constituída por Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria estaba decidida a expulsar aos otománs das súas provincias europeas (Albania, Macedonia, o Sandžak e Tracia), non deixándolles máis que os territorios ao leste da liña Enez-Kıyıköy (Enos-Midia) e a península de Galípoli.
O artigo 2º do Tratado de Londres, asinado o indica que "Súa Maxestade o Emperador dos Otománs cede ás Súas Maxestades os Soberanos Aliados todos os territorios do seu Imperio no continente de Europa ao oeste dunha liña trazada de Enos no mar Exeo a Midia no mar Negro, coa excepción de Albania".Tratado de Londres. Como non estaba definida ningunha fronteira entre os membros da liga, as relacións entre os vencedores deterioráronse rapidamente debido a desacordos nesta cuestión.
Durante as negociacións de antes da guerra que levaron á creación da Liga balcánica, Serbia e Bulgaria asinaran un acordo secreto o concernente á futura fronteira en Macedonia que debía pasar por unha liña Kriva Palanka-Ohrid (esta dúas vilas volvíanse aos búlgaros) deixando a parte máis grande da Macedonia do Vardar en mans de Bulgaria. A política búlgara era asinar tal acordo para impedir a expansión de Serbia, negándose a asinar un acordo do mesmo tipo con Grecia, crendo que o seu exército podería conquistar a maior parte de Macedonia e o porto de Salónica antes que os gregos. Infelizmente para ela, os serbios conseguiron invadir unha zona moito máis ao sur que o previsto polo tratado, até a liña Bitola–Gevgelija. A zona en disputa debería resolverse mediante unha arbitraxe de Rusia. Así mesmo, os gregos lograron apoderarse do porto de Salónica, xusto antes que os búlgaros e establecer unha fronteira común cos serbios. miniatura|esquerda|300px|Posicións dos belixerantes á fin da Primeira guerra balcánica (1913).
Cando Bulgaria reclamou a Serbia respectar o acordo de antes da guerra sobre o norte da Macedonia, os serbios, descontentos por ter que evacuar Albania baixo a presión das grandes potencias, rexeitaron categoricamente ceder máis territorios. Rapidamente, tiveron lugar altercados ao longo das fronteiras de ocupación. En resposta á ameaza búlgara, Serbia comezou negociacións con Grecia, que tamén tiña razóns para temer as ambicións búlgaras. Algúns anos antes, os dous países mantiveran unha guerra larvada mediante grupos de guerrillas en Macedonia, e un rexemento búlgaro fora autorizado para entrar en Salónica oito meses antes.
O , un día despois da sinatura do tratado de Londres e 16 días antes do ataque búlgaro, serbios e gregos asinaron un acordo militar secreto confirmando que a liña de demarcación entre as súas zonas de ocupación se convertería na fronteira entre os dous países. O acordo prevía igualmente a formación dunha alianza en caso de agresión búlgara ou austrohúngara. Nas negociacións, Serbia non menciona as causas da súa disputa con Bulgaria, en particular o acordo sobre a fronteira no norte de Macedonia. Con este acordo, Serbia acertou en implicar a Grecia na cuestión da fronteira en Macedonia, porque iso lle garantía a zona de ocupación actual serbia. Bulgaria, nunha tentativa de entorpecer a aproximación serbo-grega, asinou un protocolo con Grecia confirmando unha liña de demarcación permanente entre as súas forzas respectivas recoñecendo oficiosamente o control grego do sur de Macedonia. Pero a rotura deste acordo poría fin a esta diplomacia antiserbia.
Outro punto de fricción era o rexeitamento búlgaro de ceder Silistra a Romanía, como prevía antes da guerra, a cambio da neutralidade romanesa. Cando Romanía, despois da primeira guerra balcánica, pediu a cidade, Bulgaria ofreceulle pequenas modificacións da fronteira que non incluían Silistra nin garantías sobre os dereitos dos valacos en Macedonia. Romanía ameazou con recuperar este territorio pola forza, pero unha proposición rusa de arbitraxe impediu as hostilidades. No protocolo de San Petersburgo do , Bulgaria aceptou ceder Silistra, pero non a Dobruxa do Sur. Baixo presión rusa, Romanía aceptou. O acordo final era un compromiso entre as reivindicacións romanesas sobre Dobruxa e o rexeitamento búlgaro a aceptar ningunha transferencia significativa. O feito de que Rusia non protexera a integridade territorial de Bulgaria fixo que os búlgaros perderan confianza nun resultado favorábel das arbitraxes rusas concernentes á zona de ocupación disputada cos serbios.Hall (2000), páx. 97 O comportamento de Bulgaria tivo así mesmo consecuencias a longo prazo sobre as relacións ruso-bálgaras porque Bulgaria rexeitou calquera compromiso sobre o acordo de preguerra con respecto á fronteira con Serbia. Isto conduciu finalmente a Rusia a poñer fin á súa alianza con Bulgaria, resultando inevitábel unha confrontación con Romanía e Serbia.
Os plans búlgaros En 1912, as ambicións búlgaras expresadas por Fernando I de Bulgaria e o seu estado maior superaban as disposicións máis vantaxosas do Tratado de San Stefano inclíndo Tracia, toda a Macedonia e Salónica, Edirne e Constantinopla.Boyko, Penchev (2007): "Tsarigread/Istambul and the Spatial Constriuction of Bulgarian Nationlal Identity in the Nineteent Century". Central and Eastern European Online Library CAS Sofia Working Paper Series (CAS Sofia Working Paper Series), 1, 2007, páxs. 1-18. O feito de que os búlgaros tentaran tomar Constantinopla as pesar das repetidas ameazas de Rusia amosa unha falta evidente de realismo por parte dos líderes búlgaros.The rise of nationality in Balkans, R. W. Senton-Watson, páx. 235.
Aínda que o exército búlgaro tivo éxito na toma de Edirne (coa axuda dos serbios), a ambición do tsar Fernando de coroarse emperador en Constantinopla demostrouse irrealizábel cando os búlgaros foron obrigados a retroceder na batalla de Çatalca. Ademais, o esforzo realizado para tomar Constantinopla provocou finalmente a perda dunha gran parte de Macedonia e de Salónica, o que non podía ser facilmente aceptado e impulsou aos militares búlgaros á unha guerra contra os seus antigos aliados. Porén, cos otománs rexeitando a perda da Tracia oriental no leste, e unha Romanía furiosa ao norte, a decisión de lanzar un ataque contra Grecia ao sur e contra Serbia ao norte era moi aventurada. Máis aventurada que en maio, os turcos pediran con urxencia unha misión alemá para reorganizar o seu exército, e que en xuño, con Bulgaria decatada do acordo entre Serbia e Grecia en caso dun ataque búlgaro. O 27 xuño, Montenegro anuncia que estará ao lado de Serbia en caso de guerra entre os dous países. O 5 de febreiro, Romanía arranxou as súas diferenzas territoriais con respecto a Transilvania con Austria-Hungría asinando con ela unha alianza militar e, o 28 de xuño, o Imperio Austrohúngaro advertía oficialmente a Bulgaria que non permanecería neutral en caso dunha nova guerra na rexión. miniatura|Mapa das operacións iniciais previstas do exército búlgaro.
Como as escaramuzas continuaban en Macedonia, principalmente entre tropas búlgaras e serbias, o tsar Nicolao II de Rusia tratou de evitar que o conflito fose coñecido porque non desexaba perder a ningún dos seus aliados eslavos nos Balcánse. O 8 de xuño enviou unha mensaxe idéntica aos reis de Bulgaria e de Serbia, ofrecendo a súa mediación sobre as disposicións do tratado de 1912 entre os dous países. Serbia pedía unha revisión do tratado porque perdera o norte de Albania debido a vontade das grandes potencias de crear o estado albanés, que foi acordada segundo o tratado. A resposta búlgara contiña tales condicións que parecía un ultimato,Crampton (1987) o que leva aos diplomáticos rusos a pensar que Bulgaria xa decidira entrar en guerra con Serbia. Isto levou a Rusia a cancelar a súa iniciativa de arbitraxe e a renunciar á súa alianza con Bulgaria. As palabras exactas de Serguei Sazonov a Stoyan Danev foron "Non esperen nada de nós e esquezan a existencia de todos os nosos acordos desde 1902".Hall (2000), páx. 104. Cando Serbia e Grecia propuxeron que os tres países reduciran os seus exércitos nunha cuarta parte para facilitar unha solución pacífica, Bulgaria rexeitou a idea.
Bulgaria estaba xa encamiñada á guerra porque o xefe do goberno, Ivan Evstratiev Geshov, foi substituído polo partidario da liña dure e xefe do partido rusófilo Stoyan Danev. O 16 de xuño as tropas búlgaras lanzaron un ataque sorpresa simultaneamente contra as posicións serbias e gregas sen declaración de guerra. O obxectivo búlgaro era desfacer as forzas serbias e gregas e ocupar o máximo de territorio posíbel antes de que as grandes potencias interviñeran para poñer fin ás hostilidades.
Para obter a superioridade necesaria, a totalidade do exército búlgaro empregouse nesta operación. Non se deixou ningunha reserva para facer fronte a unha intervención (anunciada oficialmente) romanesa ou otomá, supoñendo estrañamente que Rusia impediría calquera iniciativa destes países,Hall (2000), páx. 108, mesmo despois de que Rusia puxera fin á súa alianza e se volvera cara a Romanía (incluso lle ofreceu o título honorífico de mariscal ruso ao rei romanés Carol I. O plan consistía nun ataque concentrado contra a exército serbio na chaira do Vardar para neutralizalo e para conquistar o norte de Macedonia e nun ataque máis débil contra os gregos cerca de Salónica. Este exército era a metade do enviado contra os serbios e debía tomar a cidade e todo o sur de Macedonia. O alto mando búlgaro non sabía en realidade se estas forzas poderían vencer ao exército grego pero, no peor dos casos, serían suficientes para protexer o flanco sur e esperar reforzos do exército do norte.
Forzas militares Segundo a lei militar de 1903, as forzas armadas búlgaras estaban divididas en dúas categorías: o exército en activo e a milicia nacional. O núcleo do exército estaba formado por nove divisións de infantaría e unha de cabalaría. Porén, debido á subdivisión particular das divisións búlgaras, non tiñan o tamaño dun corpo de exército. miniatura|Soldados serbios durante a Segunda Guerra balcánica. miniatura|Soldados búlgaros na Segunda Guerra balcánica.
A pesar dos 599.878 soldados que tiñan ao principio da Primeira Guerra balcánica, Bulgaria non dispoñía máis que de dez divisións. En comparación, as nove divisións gregas non comprendían máis que 118.000 homes. Para agravar o desequilibrio das forzas, os Búlgaros dispoñían de 1.116 pezas de artillaría, ou sexa seis veces máis que os gregos e cinco veces máis que os serbios.