O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo (日本語).
O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji. O rōmaji refírese ao uso do alfabeto latino (para transliteracións). Xa a escrita común xaponesa mestura os tres outros sistemas: o katakana e o hiragana son silabarios, e o kanji é unha adaptación dos logogramas da escrita chinesa.
É unha lingua aglutinante e caracterízase por un sistema complexo de construcións honoríficas, que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabularios particulares que varían de acordo co status relativo entre interlocutores. O repertorio de fonemas da lingua xaponesa é relativamente pequeno, e ten diferenciación léxica baseada nun sistema de entoación.
A lingua xaponesa sufriu influencia importante da lingua chinesa por un mínimo de 1.500 anos. Moito do vocabulario importouse da lingua chinesa ou foi creado baseándose en modelos chineses.
Clasificación lingüística
O idioma xaponés agrúpase, xuntamente con outros idiomas minoritarios do Xapón, na familia lingüística das linguas xapónicas. En ámbito máis estendido, é común clasificar o xaponés, xunto coas linguas xapónicas, dentro das linguas altaicas debido a un gran número de analoxías. Non se sabe, con todo, se as semellanzas son por orixe común deses idiomas ou por converxencia.
Distribución xeográfica Aínda que se fala case que exclusivamente no Xapón, a lingua xaponesa ten sido e aínda é falada noutros países. Cando o Xapón ocupou as Coreas, Taiwán, partes da China e varias illas do Pacífico, os habitantes de lugares deses países foron forzados a aprender a lingua xaponesa. Como resultado, aínda hai moitas persoas neses países que falan a lingua xaponesa, soamente ela ou tamén as linguas locais. Alén diso, emigrantes, a maioría viven no Brasil, onde está a maior comunidade xaponesa fóra do Xapón, en Australia (especialmente Sydney, Brisbane e Melbourne), nos Estados Unidos (notabelmente en California e en Hawai), tamén falan xaponés con frecuencia. Tamén hai unha pequena comunidade en Davao, Filipinas. Os descendentes dos emigrantes (coñecidos como nikkei, 日系, lit. "descendentes de xaponeses"), porén, raramente falan fluentemente a lingua xaponesa. Estímase que cerca dalgúns millóns de non xaponeses estean estudando a lingua.
Status oficial O xaponés é a lingua oficial do Xapón e soamente neste país ela ten tamén status de lingua oficial de traballo.
Hai dúas formas da lingua consideradas padróns: hyōjungo (標準語) ou xaponés padrón e kyōtsūgo (共通語) ou xaponés común. A política gobernamental do Xapón modernizou a lingua e, con iso, a distinción entre eses dous padróns foise atenuando co tempo.
O xaponés padrón pode tamén ser dividido en bungo (文語), lit. "lingua literaria", e kōgo (口語), "lingua oral", que teñen regras diferentes de gramática e algunha variación canto ao vocabulario. Bungo foi o método principal de escribir xaponés ata fins dos anos 1940 e aínda ten relevancia entre historiadores, académicos e avogados (moitas leis xaponesas que remaneceron despois da segunda guerra mundial aínda están escritas en bungo, aínda que haxa esforzos en modernizalas a escrita). Kōgo é o método predominante de se falar e escribir xaponés nos días actuais, aínda que a gramática e o vocabulario rexido por bungo aínda apareza de vez en cando para efecto poético.
Dialectos Existen dialectos varios. A profusión é debida ao terreo montañoso do arquipélago e á longa historia de illamento interno e externo do país. Os dialectos, en xeral, difiren en termos de entoación, morfoloxía inflexiva, vocabulario, uso das partículas e pronuncia. Algúns dialectos, aínda que sexa máis raro, varían ata no repertorio de vogais.
Os dialectos das rexións menos centrais, como os dialectos de Tōhoku ou Tsushima, poden ser inintelixíbeis para persoas doutras partes do país. O dialecto usado en Kagoshima, na illa Kyūshū, ao sur, é famosa por ser inintelixíbel non só para falantes do xaponés padrón mais tamén para persoas que viven en rexións de Kyūshū veciñas á Kagoshima. Kansai-ben, un grupo de dialectos da rexión centro-oeste do Xapón, é falado por moitos xaponeses; o dialecto de Osaca, en particular, asóciase co humor, e por iso moitos comediantes usan frases no dialecto de Osaka para dar senso de humor á ocasión.
As linguas ryukyuanas fálanse nas illas Ryukyu. Non son soamente inintelixíbeis a xaponeses, senón que bastante incomprensíbeis entre falantes de diferentes dialectos ryukyuanos. Debido á proximidade entre o ryukyuano e o xaponés, son ás veces considerados só dialectos, aínda que os académicos modernos considéranos linguas separadas.
Recentemente, o xaponés padrón volveuse prevalente en todo o Xapón, non só grazas á televisión e á radio, mais tamén pola mobilidade crecente dentro do país debida aos sistemas viarios, de trens e aeroviario. Os xaponeses novos xeralmente falan o seu dialecto local e a lingua padrón, mais, na maioría das veces, o dialecto local está influenciado polo dialecto padrón, creándose versións rexionais do xaponés "padrón".
Historia dos dialectos As variantes do idioma foron confirmadas desde o antigo Xapón, a través do Man'yōshū. Coa modernización do xaponés na parte tardía do século XIX, o goberno promoveu o uso do xaponés estándar o cal fixo que este dialecto non só sexa altamente coñecido só no Xapón senón tamén en todo o mundo. O idioma foi cambiando ao fusionarse diversos dialectos e recibir influencia doutras linguas.
Variantes históricas A historia da lingua xaponesa adóitase dividir en catro períodos diferentes. Prehistoria : Non se sabe nada con certeza do idioma nestas datas (nin sequera se existía), debido á falta de documentación ou testemuño sobre o mesmo. Xaponés antigo: aínda esta indefinida unha data de datación exacta, aínda que o seu final defínese ao redor do século VIII (convencionalmente tómase o ano 794 d. C.), durante este período a escritura chinesa adaptouse para escribir o xaponés antigo a través do man'yōgana e os caracteres chineses. Xaponés medio: que vai desde finais do século VIII a finais do século XVI, e mostra certos cambios fonéticos con respecto ao período anterior, como o cambio fonético /p /> /h, ɸ/. Este posúe dúas etapas: Xaponés medio temperán: desde o 794 d. C. ao 1185. Dentro do máis importante deste período cabe destacar a aparición de dous novos sistemas silábicos de escritura o hiragana e o katakana que derivan directamente do man'yōgana. Dita aparición dá lugar a un auxe nunha nova era de escritura evidenciada por escritos como Genji Monogatari, Taketori Monogatari e Ise Monogatari. Xaponés medio tardío: desde o 1185 até finais do século XVI. Neste período o xaponés sufriu varios cambios lingüísticos que o achegaron á forma que corresponde ao xaponés moderno. Da mesma forma durante este período no Xapón evoluciona dunha sociedade aristócrata de nobres ao Período Heian de natureza feudal onde se deu o auxe dos samuráis. A mediados do século XVI misioneiros portugueses chegan ao Xapón. Mentres introducían conceptos orientais e tecnoloxías compartían a súa lingua, froito disto é que o xaponés tomou algunhas palabras do portugués. Xaponés moderno, do século XVII en diante, caracterizado pola existencia de numerosas palatalizacións das consoantes coronais: /*si, *zi /> // (shi, ji) /*sya, *syo, *syu; *zya, *zyo, *zyu /> [] (sha, sho, shu; ja, jo, ju). [*ti, *di ]> [] (chi, ji), [*tya, *tyo, *tyu; *dya, *dyo, *dyu ]> [] (cha, cho, chu; ja, jo, ju).
Influencias Algunhas das similitudes léxicas entre as linguas austronesias e o xaponés poderían deberse á influencia adstrato dalgunhas linguas, aínda que a evidencia en favor da devandita influencia prehistórica non é concluínte. A partir do século VII si é notoria a influencia da cultura chinesa no Xapón e a adopción nesta lingua de numerosos préstamos léxicos procedentes do idioma chinés para designar conceptos técnicos e culturais asociados á influencia chinesa. O chinés clásico é ao xaponés, algo similar ao que as raíces de orixe grega son ás linguas europeas: unha fonte de elementos léxicos para formar neoloxismos. O propio sistema de escritura xaponesa é en si mesmo unha mostra da influencia cultural chinesa no xaponés.
A partir do século XVI o xaponés adoptou algúns termos procedentes do portugués, do castelán, do neerlandés e doutras linguas de colonización europea. E a partir do século XX a influencia do inglés como fonte de novos préstamos ao xaponés é hexemónica.
Descrición lingüística
Fonoloxía dereita | Vogais. Ten cinco vogais e dezaseis consoantes e é moi restritiva na formación de sílabas. O acento é musical, con dous tons diferentes: alto e baixo.
O sistema sistema fonolóxico xaponés consta de cinco vogais, que están escritas con caracteres latinos: a, i, u, e, o, segundo a orde tradicional. Pronúncianse o mesmo que en galego / a, e, i, o / agás o u /ɯ/, que se pronuncia cos beizos estendidos, é dicir, é unha vogal non redondeada. As vogais poden ser normais ou longas, nese caso teñen unha duración dobre do normal e considéranse sílabas separadas.
Os fonemas consonánticos son dezaseis ou quince, segundo se considere ou non que o sokuon corresponde a unha consoante xeminada ou ao arquifonema /Q/, representado na escrita polo símbolo sokuon que adopta o mesmo son consonántico que o segue ou ás veces pronúnciase como oclusión glotal. A conta de sons é moito maior se contamos os alófonos de aparición consistente, representados entre parénteses na táboa seguinte. Tamén se debe considerar que os préstamos tomados doutras linguas do século XX, especialmente o inglés, poden manter os fonemas fóra do inventario tradicional.
Modo de articulación Punto de articulación Labial Dental Alveolar Post-alveolar Palatal Velar Uvular Glotal Oclusivas Fricativas Africadas Nasais Aproximantes
As consoantes /t/, /s/, /d/ e /z/ sofren unha palatalización ante /i/ e /j/, articulándose respectivamente [t͡ɕ], [ɕ], [d͡ʑ] e [ʑ]. Por mor diso, usualmente estes sons transcríbense en alfabeto latino como ch, sh e j. As consoantes /t/ e /d/ ante /ɯ/ pronúncianse respectivamente [t͡s] e [d͡z]. Debido a iso, as súas transcricións latinas nesta posición adoitan ser ts e [d]z. Existe un fenómeno chamado yotsugana, polo cal catro sílabas en principio distintas (/zi/, /zɯ/, /di/ e /dɯ/), hoxe poden ser homófonas ou dúas, tres ou catro sílabas diferentes segundo a rexión. Por exemplo, en Toquio soamente son dúas: /zi/ e /dei/ pronúncianse indistintamente [ʑi] ou [d͡ʑi], mentres /zɯ/ e /dɯ/ poden ser [zɯ] ou [d͡zɯ]. O fonema /h/ ten tres alófonos: ante /a, e, o/ soaría como [h], mentres que ante /ɯ/ soaría [ɸ] e ante /i/ e /j/ como [ç]. O fonema /p/ non ocorre en posición inicial en palabras nativas nin sino-xaponesas, aínda que si en préstamos, neoloxismos e termos miméticos, xa que en xaponés antigo deuse o cambio /p/ > /?/ > /ɸ/ nas palabras nativas. O arquifonema /ɴ/ usualmente soa como [n], pero ante /m/ e /b/ articúlase como [m] e ante /g/ e /k/ vólvese [ŋ], unha consoante nasal velar. Algúns falantes nasalizan as vogais que o preceden. O fonema /ɺ̠/ aseméllase a un erre galego, pero a diferenza desta, tamén existe en posición inicial. Considérase vulgar ou ruda a realización vibrante múltiple, a semellanza do erre do galego. Nalgunhas zonas do Xapón, /g/ é [ŋ] entre vogais, pero a súa aparición pode estar condicionada para algúns falantes polo feito de que se atope dentro dun morfema e non como primeiro elemento do segundo membro dunha palabra composta.