El Diario de Lugo foi un xornal que se publicou en Lugo entre 1876 e 1884. Foi continuado por El Regional.
Historia e características Características Subtitulado Periódico político y de intereses generales, apareceu en 1872 para desaparecer aos poucos números. Volveu aparecer xa definitivamente o 1 de outubro de 1876.Teijeira & Torre (1997), p. 61 Fundado e dirixido polo impresor Antonio Villamarín. Publicábase tódolos días, agás os seguintes a días festivos e os domingos saía co suplemento literario "El Domingo del Diario", que o 21 de setembro de 1879 pasou a denominarse "Hoja Literaria", e no que colaboraron Manuel Curros Enríquez, Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán ou Aureliano Pereira, quen foi un dos principais animadores do diario.Teijeira & Torre (1997), p. 62
O custe da subscrición era de 4 reás ao mes ou 12 ao trimestre, e contaba con 4 páxinas. A finais de 1879, cambia o seu formato pasando do tamaño folio a un tamaño superior semellante ao dos outros xornais do momento e elimina o artigo da cabeceira, quedando como "Diario de Lugo".Teijeira & Torre (1997), p. 67
Problemas Entre os principais temas do xornal aparece, sobre todo, alén dos propiamente locais, o estado das vías de comunicacións da provincia, que provocou algunhas das queixas máis recorrentes.Teijeira & Torre (1997), p. 64 Tamén atendía a cuestións de política interanacional como a "cuestión de Oriente" ou a sublevación de Cuba.Teijeira & Torre (1997), p. 65
Polo seu carácter liberal e anticlerical tivo que pechar, logo dunha confrontación coa diocese, o 4 de outubro de 1884, sendo o número 2.397, o derradeiro. O problema
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1876 en Galicia Categoría:Prensa anticlerical