As xergas ou argots son unha linguaxe falada propia de determinados oficios tradicionais, de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais.

Nestas linguas mestúranse palabras galegas propias cun significado modificado, neoloxismos e deformacións. Sempre foron transmitidas por vía oral e só na primeira metade do século XX comezaron a ser rexistradas por escrito.

Algunhas xergas Na lingua galega existen varias xergas profesionais que reciben o nome de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición. Barallete: xerga dos afiadores e paraugueiros, de Nogueira de Ramuín. Xerga dos cesteiros: Mondariz. Latín dos chafoutas: xerga dos albaneis de Goián (Tomiño). Verbo dos arxinas: xerga dos canteiros, da Terra de Montes. Fala dos cabaqueiros ou verbo daordes: xerga dos telleiros do Rosal (Pontevedra). Fala dos bugardeiros: xerga dos cesteiros de Mondariz. Lafrada: fala dos albaneis de Bueu. Fala dos ingreiros: xerga dos músicos de Celanova. Barallete dos grañudos: falado polos vendedores ambulantes da Graña (Covelo). Garisma: latín dos cegos galegos. Burón: xerga dos comerciantes do Val de Fornela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía : "Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial, en Etnografía y Folklore de Galicia, Xerais, Vigo 1982, volume I, pp. 163-202.

Ligazóns externas Dicionario de dicionario de xirias

Outros artigos Variedades diastráticas

Categoría:Lingüística