miniatura|300px|Maragota (Labrus bergylta) Os Perciformes (tamén chamados percomorfos (Percomorphi) ou acantópteros (Acanthopteri)) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Constitúe a orde máis grande de vertebrados (Fish Base), e comprende máis de 7.000 especies diferentes, con ó redor do 40% de tódolos peixes. Presentan moi diferentes formas e tamaños, e habitan en case tódolos medios acuáticos, principalmente mariños.
Características Xeralmente teñen unha aleta dorsal de ampla base, cun rebaixe. Nas aletas dorsal e anal, os primeiros radios están transformados en espiñas en número variable. O habitual é unha espiña nas aletas pelvianas. As escamas adoitan ser ctenoides pero tamén hai especies con escamas cicloides ou doutros tipos.
Clasificación A clasificación taxonómica dos perciformes é controvertida e hai autores que os consideran un grupo parafilético Fish Base. Divídese en 18 subordes: 300px|miniatura|Salmonete de rocha (Mullus surmuletus), exemplar da suborde Percoidei Suborde Percoidei Superfamilia Percoidea Superfamilia Cirrhitoidea Superfamilia Cepoloidea Suborde Elassomatoidei Suborde Labroidei (Maragota) Suborde Zoarcoidei Suborde Trachinoidei (Faneca brava) Suborde Notothenioidei Suborde Blennioidei Suborde Icosteoidei Suborde Gobiesocoidei Suborde Callionymoidei Suborde Gobioidei (Gobios) Suborde Kurtoidei Suborde Acanthuroidei Suborde Scombrolabracoidei Suborde Scombroidei (Túnidos) Suborde Stromateoidei Suborde Anabantoidei Suborde Channoidei
O ITIS non contempla a suborde Scombrolabracoidei pero si inclúe os Xiphioidei.
Véxase tamén Outros artigos Gramátidos
Ligazóns externas
Taxonomía ITIS Taxonomía FishBase