Denomínase castelanismo ortográfico ao emprego dunha ortografía incorrecta na lingua galega por interferencia da lingua castelá. Coñécense tamén co nome de préstamos innecesarios, xa que a lingua galega ten palabras propias para referirse ao mesmo concepto. Diferéncianse así dos préstamos necesarios, que incorporan ao seu léxico termos procedentes doutras linguas cando non existe termo para a mesma no idioma propio. Os castelanismos ortográficos son as interferencias máis habituais na lingua galega. Outros intrusismos ortográficos poden ser os anglicismos e os lusismos.

En 1982 a Real Academia Galega creou unhas normas ortográficas acorde coa etimoloxía dos vocábulos. Porén, pola interferencia co castelán.

Exemplos de castelanismos ortográficos Por substitución v/b barrer (varrer) maravilla (marabilla) cobarde (covarde) boda (voda) abogado (avogado) móvil (móbil) automóvil (automóbil) inmóvil (inmóbil) abó (avó)

Por adición/supresión do h húmero (úmero) armonía (harmonía) hirmán (irmán) hola (ola) hombro (ombro) hinchazón (inchazón)

Por substitución y/i Tuy (Tui) yoga (ioga)

Por adición de acento gráfico (e cambio da posición do acento tónico) parásito (parasito) atmósfera (atmosfera) acné (acne) albúmina (albumina)

Outros kilómetro (quilómetro)

Préstamos innecesarios altavoz (altofalante) corbata (gravata) chicle (goma de mascar) camilla (padiola)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Anglicismo

Categoría:Lingüística galega