Helena Muñoz Fonteriz, nada en Madrid o 18 de decembro de 1971, é unha política galega, do PPdeG.Biografía na páxina web do Partido Popular de Vigo.

Traxectoria miniatura|Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Vigo do PP. É licenciada en ciencias económicas pola Universidade de Vigo, con especialización en economía pública. Posteriormente acadaría a praza de funcionaria do corpo superior da Administración, na escala superior de finanzas. Traballou na Consellería de Pesca e na Intervención Xeral da Xunta de Galicia, órgano que chegaría a dirixir o 23 de abril de 2009.

O 3 de xaneiro de 2012 foi designada para ocupar o cargo de conselleira de Facenda do goberno galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

En febreiro de 2015 cesou como conselleira da Xunta para presentarse ás eleccións municipais por Vigo no que se presentou como unha aposta persoal do presidente Feijoo.

Repetiu candidatura nas eleccións locais de 2019 nas que a súa formación obtivo uns pésimos resultados o que provocou a súa dimisión como líder do PP vigués así como a de tódolos integrantes nos primeiros postos da lista. Aos poucos días foi designada senadora por designación autonómica polo parlamento de Galicia, onde ten a maioría absoluta o seu propio partido.Helena Muñoz e Xesús Vázquez, elixidos como senadores autonómicos polo PP CRTVG, 21/6/2019. En maio de 2022 cedeu o seu escano a Miguel Tellado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Senado de España

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1971 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo