Agustín López Peña, é un político galego.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía do Irixo e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido alcalde por Coalición Galega nas municipais de 1983 con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 aínda que obtivo a maioría absoluta coa candidatura de CPG, o candidado de AP-CdeG saíu elixido alcalde cos votos de CDS e mais dun dos concelleiros de CPG.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Irixo O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

Categoría:Alcaldes do Irixo Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido