Armando Pompilio Fernández González, coñecido como Armando Fernández Mazas ou Chocolito, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1996, foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Nicanor Fernández Rodríguez, militar, e Remedios González Mazas. Estudou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro onde entrou en contacto coa Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Colaborou na revista de ATEO, Escuela del Trabajo, con artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Ourense a principios de novembro.Galicia, 8-11-1934, p. 1. Militou en Izquierda Comunista de España (1932) e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Estivo fuxido, agochado no Castro de Caldelas e entre 1942 e 1947 en Castro Laboreiro cunha identidade falsa. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Logo instalouse en Valencia, onde foi detido en 1955. En 1963 reingresou no maxisterio, primeiro tres anos na illa de La Gomera ata o seu destino definitivo en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Nos anos setenta foi representante da UGT, afiliouse ao PSOE e foi elixido secretario de formación no congreso do PSdeG de novembro de 1977.La Voz de Galicia, 8-11-1977, p. 45.
Colaborou en Vieiros.Vieiros, 4, 21-3-1968, p. 83. Nos anos oitenta participou en Nova Escola Galega, e centrouse en recuperar a obra artística e literaria de seu irmán Cándido Fernández Mazas (creou a Editorial Andoriña en 1989, recollendo un antigo proxecto do ano 1933 de Cándido de crear Ediciones La Golondrina) e recuperar a memoria histórica dos mestres e intelectuais represaliados.
Obras Ourense, Atenas de Galicia, 1989. Política y Pedagogía. Memoria teórica de un maestro de la ATEO, 1990.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Dionisio Pereira (2007) "Os heterodoxos do comunismo galego (1931-1936)" Fundación Andreu Nin.
Outros artigos Cándido Fernández Mazas Mario Fernández Mazas
Ligazóns externas
Expediente de responsabilidades políticas de Secundino Fernández Gómez, Armando Fernández González, Miguel Formigo Vázquez, Ceferino Fuentes Pérez, Cástor Gómez Pérez, José Guede Franco, Ramón Iglesias Mar, Alfonso Gayoso Frías, Julio Navares Castro e José Villar Lafuente.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1996